Prévio:  António Dinis da Cruz e Silva   Superior:  Sonetos   Próximo:  Fernando Pessoa

 

 

Antero de Quental (1842-1891)

Poeta romántico de berce azoriano, depois de atravesar várias veces o Atlántico acabou voltando aos Azores para ali tirar-se a vida.

O CONVERTIDO

 

O CONVERTIDO

 

 

 

Entre os filhos dum século maldito
Tomei também lugar na ímpia mesa,
Onde, sob o folgar, geme a tristeza
Duma ânsia impotente de infinito.

 

Entre os fillos dun século maldito
Tomei tamén lugar na ímpia mesa,
Onde, sob o folgar, xeme a tristeza
Dunha ánsia impotente de infinito

 

  • Nota: sob -> sob/so. A propósito desta preposición din as NOMIG(1997):

    So. Esta preposición coñécese hoxe só en pequenas zonas do territorio galego, pero o seu uso na lingua antiga era moito maior. O portugués, por un criterio cultista, recuperou, cando menos na escritura, a consoante final latina; non hai razón ningunha para proceder do mesmo xeito en galego.

    Porén na normativa de mínimos prefire-se a forma sob.

 

 

 

Como os outros, cuspi no altar avito
Um rir feito de fel e de impureza?
Mas um dia abalou-se-me a firmeza,
Deu-me um rebate o coração contrito!

 

Como os outros, cuspin no altar avito
Un rir feito de fel e de impureza?
Mais un dia abalou-se-me a firmeza,
Deu-me un rebate o corazón contrito!

  • Nota: cuspi -> cuspin. En portugués a primeiras persoas de singular do pretérito perfeito dos verbos regulares da segunda e terceira conxugación rematan en i, entanto en galego rematan en in. Ex. comi (comin), cuspi (cuspin).

  • Nota; avito: que procede dos avós ou antepasados.

  • ção -> zón

 

 

 

Erma, cheia de tédio e de quebranto,
Rompendo os diques ao represo pranto,
Virou-se para Deus minha alma triste!

 

Erma, cheia/chea de tédio e de quebranto,
Rompendo os diques ao represo pranto,
Virou-se para Deus miña alma triste!

 

 

 

Amortalhei na Fé o pensamento,
E achei a paz na inércia e esquecimento?
Só me falta saber se Deus existe!

 

Amortallei na Fé o pensamento,
E achei a paz na inércia e esquecimento?
Só me falta saber se Deus existe!

  • Nota : En portugués desfai-se o hiato das terminacións en eo, ea mediante a epéntese da vogal i, ex. ceia. En galego tamén se dá este fenómeno, mais non é xeral, i.e. ha zonas onde se di centeo, e outras onde se di centeio. Use portanto a pronuncia á que estexa mais afeito: cheia ou chea.

  • nh -> ñ


 
Prévio:  António Dinis da Cruz e Silva   Superior:  Sonetos   Próximo:  Fernando Pessoa

 
José Ramom Flores d'as Seixas25-07-2004