Make your own free website on Tripod.com

 
 
TODO O QUE SEMPRE QUIXO SABER
E NUNCA OUSOU PREGUNTAR SOBRE AS NOVAS
Version 1.7
Data: 14/01/98
Autor: Miguel Conde
Traducido ao galego por: Ramón Flores
Traslación a HTML: Manuel Casal Lodeiro (S.I.M.I.L. MULTIMEDIA)


Subject: 1 - Introducción. ¿Que é un FAQ?
Subject: 1.1 - Obxectivo deste FAQ
Subject: 1.2 - Onde podo atopar este FAQ?
Subject: 1.3 - Agradecementos e benvida de suxeréncias e axudas.
Subject: 1.4 - Adverténcia
Subject: 1.5 - 'Copyright'

Subject: 2 - Táboa de Contidos


Subject: 1 - Introducción. Que é un FAQ?

FAQ significa 'Frecuently Asked Questions', isto é, 'Respostas ás Preguntas máis Frecuentes'

Internet en xeral, e especialmente Usenet, ten-se caracterizado desde sempre pola sua tendéncia á colaboración e polo seu pragmatismo.

Nos grupos de novas (news) repiten-se moi a miudo as mesmas perguntas, para os siaeiros dos ditos grupos aforraren-se responder as ditas perguntas, mais sen deixa-las sen resposta, adoitan recopilar ficheiros FAQ.

Estes ficheiros medran, melloran co tempo e as achegas de todas as persoas interesadas. Hoxe por hoxe existen en Usenet milleiros de FAQs que constituen unha formidábel base de coñecimentos e experiéncias, património comun de todos os internautas.

Existe un arquivo dos FAQs "oficiais" de Usenet (os publicados en news.answers) en:

http://www.cis.ohio-state.edu/hypertext/faq/usenet/

Podes achar abundante información sobre os FAQs en:

http://www.ii.com/internet/faqs/

O formato do presente FAQ axusta-se ao proposto en:

ftp://rtfm.mit.edu/pub/usenet/news.answers/faqs/minimal-digest-format

[ Contido ]


Subject: 1.1 - Obxectivo deste FAQ

Este FAQ ten por obxectivo axudar aos novos usuarios na sua comprensión de Usenet, prestando atención aos temas que non adoitan estar centralizados nos lugares habituais de información para "novatos"; ou, ainda achando-se, están en inglés.

E isto, por que? A razón é simple e preocupante: o número de usuarios de Usenet medra vertixinosamente. A relación sinal/ruido nos grupos de novas (newsgroups) mingua máis que linearmente co número de usuarios. É como se sobre unha cidade calquer deixaran cair cada noite en para-quedas centos, millares de novos habitantes completamente ignorantes das leis, usos e costumes que rexen nesa cidade. O efeito é devastador.

[ Contido ]


Subject: 1.2 - Onde podo atopar este FAQ ?

Poderas achar a última versión ASCII de este FAQ en:

http://www.simil.com/scg/newsfaq.txt

A versión HTML a encontrarás (grazas a colaboración de S.I.M.I.L. MULTIMEDIA) en:

http://www.simil.com/scg/newsfaq.htm

ou en

http://members.xoom.com/RamonFlores/SCG/newsfaq.html
 

Por outra banda a versión orixinal en castelan está en:

Texto http://usuarios.bitmailer.com/miguelc/news/NewsFAQ.txt.

HTML http://usuarios.bitmailer.com/miguelc/news/NewsFAQ.html
 

[ Contido ]


Subject: 1.3 - Agradecimentos e benvida de suxeréncias e axudas.

Quero agradecer pola sua colaboración a:
 
Fran Bernal Fernandez mistero@geocities.com
Alain Deckers Alain.Deckers@man.ac.uk
Javier Herrera
Pedro Macanas Valverde mac@royal.net
Julio Sanchez jsanchez@esegi.es
Domènec Sos domenex@hotmail.com
Brad Templeton brad@alto.clari.net
Tamén dou, de antemán, as grazas a todos os que desexen colaborar no mantemento deste FAQ coas suas preguntas, suxerencias e achegas.

Para estes temas podedes-me escrever a: miguelc@bitmailer.net

[ Contido ]


Subject: 1.4 - Adverténcia

A información contida neste FAQ non está garantida nen explícita nen implicitamente. Fixo-se todo o posíbel para asegurar a exactitude da dita información, mais nen o autor nen as persoas que contribuiron asumen responsabilidade nengunha polos posíbeis erros ou omisións, nen polos danos que poideran derivar-se do seu uso. (Nota do traductor: E a quen non lle preste, que lle bote zucre).

[ Contido ]


Subject: 1.5 - 'Copyright'.

O 'Copyright' deste FAQ pertence ao seu autor, Miguel Conde, e a todas as persoas que contribuiron, tal e como se menciona no texto do FAQ.

Autoriza-se e anima-se a distribuir, traducir e utilizar este FAQ sempre que sexa sen ánimo de lucro e notificando-o previamente ao autor. En caso de reutilizar partes ou contidos cumpre especificar claramente a orixe (facendo constar a URL de acceso).

[ Contido ]


Subject: 2 - Táboa de Contidos

1 - Introducción. Que é un FAQ?
1.1 - Obxectivo deste FAQ
1.2 - Onde podo atopar este FAQ ?
1.3 - Agradecimentos e benvida de suxeréncias e axudas
1.4 - Adverténcia
1.5 - 'Copyright'

2 - Táboa de Contidos

3 - Como funcionan as novas (news)?
3.1 - Como é iso de que o meu leitor de novas(news) é un 'cliente' ? Que é un 'servidor' de novas ?
3.2 - Que é un 'followup'?
3.3 - Que é un fio de artigos (thread)?
3.4 - De que outras formas podo responder un artigo ?
3.5 - Como se difunden os artigos ao longo e largo do mundo ?
3.6 - Durante canto tempo é gardado un artigo nun servidor ?
3.7 - Que é e para que serve un 'ponto neutro' ?
3.8 - Resumindo: as novas deste grupo son instantáneas, ou tardan un tempo desde que se envian até que saen publicadas para a sua leitura?
3.9 - Como pode ser que ás veces cheguen antes os 'followups' que o artigo que orixina o fio(thread)?
3.10 - 'Como explicar que nestes momentos no meu servidor no grupo xx.xx.xx hai YYY mensaxes, cando noutro servidor hai somente ZZZ ?'
3.11 - É posíbel que algúns artigos non cheguen nunca ao meu servidor?
3.12 - Por que os grupos de novas (newsgroups) teñen eses nomes tan raros ?
3.13 - Por que os diferentes servidores de novas non teñen os mesmos grupos de novas?
3.14 - Como se crian os grupos de novas?
3.15 - Servidores públicos de novas
3.16 - Por que vexo caracteres "extraños" nalgunhas mensaxes? Que é MIME?

4 - Que é a netiqueta?

5 - Que é 'crossposting'?
5.1 - Que son estes milleiros de artigos que bombardean os meus grupos favoritos e non teñen nada que ver cos temas habituais? Atopo-os até na sopa !!!
5.2 - Como comeza un 'crossposting' ?
5.3 - Quen inicia os 'crosspostings' ?
5.4 - Pode ter sentido un 'crossposting' ?
5.5 - Como podo evitar o 'crossposting' ?
5.6 - Que é un 'killfile'?

6 - Que é 'spam'?

7 - Que é 'ECP'? e 'EMP'?, e o 'Indice Breidbart' (BI)?

8 - Que é un grupo moderado?
8.1 - Que é a robomoderación?
8.2 - Pode conseguir-se cos killfiles o mesmo que coa moderación automática ?

9 - Que é un 'troll'?

10 - Que hai do envio de binarios ás novas?

11 -  NoCeM: Usenet á medida de cada usuário
11.1 -  Que é NoCeM?
11.2 -  Como funciona?
11.3 -  É posíbel que o meu administrador (ou o dalgun servidor que forneza aertigos ao meu) poda utilizar NoCeM para censurar o que vexo?
11.4 -  Poden-se falsificar as mensaxes NoCeM?
11.5 -  Que teño que facer para receber e utilizar as mensaxes NoCeM?

12 - Que cumpre saberes sobre os leitores de novas?
12.1 - Xeralidades
12.2 - Un leitor 'off-line': Forte Free Agent

13 - Onde podo atopar un artigo que lin hai meses (e non lembro ben en que grupo) ?

14 - Existe algunha página Web (site) onde aparezan os grupos de news extranxeiros?

15 - Onde podo atopar máis información?

16 - Modificacións


Subject: 3 - Como funcionan as novas(news)?

A primeira vez que trates de usar as novas (news) terás que enfrontar dous problemas: primeiro terás que aprender a manexar o teu programa leitor; segundo, e non só para lle sacar o máximo partido posíbel ás novas, senón tamén para que o respeito e a educación guien as tuas relacións cos demais usuarios, tarde ou cedo terás que aprender como funcionan "por dentro" as novas. Aínda que só sexan os seus fundamentos.

Mais aínda antes de abordares ambos cumpre que teñas algo moi claro acerca de como funcionan as novas, non "tecnicamente", senón "filosoficamente": o exito das novas até agora é consecuencia dun único principio: 'give as much as you take' ('Da tanto como collas'). Isto quer dicer que a única forma de que a tua experiéncia na Usenet te resulte enriquecedora depende de que poñas a disposición dos demais todo o que poidas. A posta en común da experiéncia, o coñecemento, a boa vontade, as charlas, as discusións, etc, é o que fai que Usenet sexa "máis que a simples soma das suas partes", por dice-lo de algun xeito. Isto é o máis importante que podes sacar deste FAQ.

[ Contido ]


Subject: 3.1 - Como é iso de que o meu leitor de novas (news) é un 'cliente'? Que é un 'servidor' de novas ?

Para ler as novas e enviar artigos utiliza-se un leitor de novas (tin, rn, os leitores de Netscape ou Microsoft, etc...). Este programa leitor é cliente doutro programa, chamado (claro) servidor, que é o que se encarga de almacenar, enviar, recibir e xestionar os artigos. Cando arrancas o teu leitor de news, este encarga-se de se comunicar con un servidor de news para solicitar, de cada grupo ao que esteas suscrito, o número total de artigos e os que están sen ler.

Se les as 'novas desde casa, o leitor (cliente) esta no teu PC e o servidor adoita estar nas instalacións do teu fornecedor (no computador que indicaches como 'NNTP server' ao instalar o teu leitor; se estas nunha organización (Universidade, empresa...), o servidor adoita estar nunha máquina da organización coa que o cliente se comunica (tamén normalmente) ao través dunha Rede de Area Local). Cando queres ler os artigos dun grupo, indicas-llo ao teu programa cliente, que se comunica co programa servidor para recuperar os cabezallos dos artigos dese grupo almacenados no servidor.

Cando queres ler un artigo en concreto dun grupo, indicas-llo ao teu cliente e este encarga-se de comunicar-se co servidor para recuperar o artigo en cuestión. Cando decides responder a un artigo ou compor un novo, tras redacta-lo (normalmente co editor do teu leitor/cliente), o cliente envia-llo ao servidor.

Podes averiguar o que ocorre despois no ponto 3.4.

[ Contido ]


Subject: 3.2 - Que é un 'followup'?

Cando queres responder a un artigo tes tres formas de face-lo. A primeira é o 'followup' ('resposta ás novas'):

Responder con 'followups' (ás novas) ten senso cando a tua resposta poida ser interesante para os leitores de grupo. Sobre isto, é importante que leas a sección 5 deste FAQ.
[ Contido ]


Subject: 3.3 - Que é un fio de artigos (thread)?

Os 'followups' orixinan "fios" ("threads") de artigos. Ou sexa: ao enviares a tua resposta ás novas ('followup'), estas a seguir o fio da conversa. Algúns leitores de novas representan graficamente estes "fios" como hierarquias (arbores) de mensaxes.

[ Contido ]


Subject: 3.4 - De que outras formas podo responder un artigo ?

Hai outras duas formas de responder a un artigo:

Como dice Julio Sánchez:
"Algúnos irritan-se ao lles enviares por e-mail unha copia da mensaxe que asemade envias ao grupo. Recibe a chamada 'copia de cortesia' , non se decata de que ia tamén ao grupo e contesta en privado, mentres outras persoas que viron a copia do grupo, discuten sobre o asunto. Porén hai gente que gosta da copia. Deixemo-lo en división de opinións".
[ Contido ]


Subject: 3.5 - Como se difunden os artigos ao longo e largo do mundo ?

Tras compor o artigo e enviar-llo ao servidor, todas as persoas conectadas ao noso servidor (as que están na nosa mesma Rede de Area Local, no caso das organizacións, as que teñen o mesmo fornecedor, no caso de que leas as novas na casa) poderán ler o noso artigo recén terminado, que xa estará almacenado no servidor común. Nembargantes, as persoas do resto do mundo aínda non poderán ler o noso artigo, xa que este ainda non está almacenado nos seus servidores.

Cando un servidor de noticias suministra artigos de novas a outro servidor, di-se que o "alimenta ('feed') con novas"; os artigos almacenados no noso servidor foron obtidos doutro nodo de novas (ou sexa, doutro servidor de novas).

A intervalos prefixados de tempo, cada servidor de novas conecta-se con outros para recabar deles os artigos novos. Ao conectar-se outro servidor (servidor B) co noso (servidor A) para lle pedir os artigos novos, o noso servidor (A) enviara-lle calquer artigo novo que ainda non enviara previamente, entre eles o que acabamos de redactar. Desde ese momento, calquer usuario do servidor B, ao través do seu cliente/leitor, podera ler o noso artigo.

Cando un servidor C solicite os artigos novos do servidor B, este enviara-lle, entre eles, o noso artigo. De este xeito, aos poucos o noso artigo vai sendo visíbel en todo o mundo, empezando polo noso servidor (inmediato), seguindo cos servidores directamente conectados ao noso servidor (seguramente no mesmo dia) e continuando con outros máis afastados (2-3 dias, 1 semana), até aparecer en todos.

Tamén é posíbel que un servidor se conecte con outro para lle comunicar que ten artigos novos que lle enviar. Este método nomea-se "news push" ("empurrar os artigos") en contraste co outro método exposto anteriormente, que se denomina "news pull" ("tirar dos artigos"). De feito, o método "news push" é hoxe o máis amplamente utilizado. Hai outras melloras, tamén:

Julio Sánchez explica:

"De feito, todos os servidores grandes configuran-se para tentar mandar os artigos aos viciños cando aínda están en memoria ou en cache de disco para evitaren ter que ir de novo ao disco para manda-los (isto reduce sustancialemente o rendimento de un servidor que recibe moitos artigos e que ten moitos viciños).

Para manexar o push como digo, os servidores non chaman periodicamente, senón que manteñen unha ou máis conexións abertas continuamente cos seus viciños. A propagación é case instantánea. Moitos artigos propagan-se a sete ou oito saltos da orixe en menos dun cuarto de hora".

O protocolo que se emprega entre servidores e entre clientes e servidores chama-se NNTP ('Network News Transfer Protocol') e o algoritmo que utiliza di-se ser de "inundacion" ("flooding").

NNTP é un protocolo moderno; antes empregaba-se UUCP (a verdade é que ainda se utiliza).

[ Contido ]


Subject: 3.6 - Durante canto tempo é gardado un artigo nun servidor ?

Para que os artigos novos que se transportan constantemente de servidor a servidor non se amoreen indefinidamente, o que se fai é manter cada artigo en cada servidor só durante un tempo determinado, transcurrido o cal o artigo "caduca" ("expire"), borra-se e deixa de ser accesíbel para os usuarios conectados a ese servidor. O administrador de cada servidor é o encargado de asignar o tempo de caducidade para cada grupo . Adoitando ser entre 2 dias (grupos máis frecuentados) e duas semanas (grupos menos frecuentados).

Alain Deckers explica:

"Ese tempo o controla o administrador de cada servidor, segundo os criterios que crea convenientes. I.e. , en xeral, o tempo que un artigo permanece nun determinado grupo varia dun servidor a outro.

Por exemplo, un centro de I+D que polos motivos que sexa ten pouco espazo de disco disponíbel para news, pode gardar os artigos dos grupos comp.* e sci.* durante duas semanas, os de soc.* e rec.* durante un dia e os de alt.* durante 4 horas. Claro que en realidade, só recibiría comp.* e sci.* (agás que o administrador se as apañe para obter as demais hierarquias 'extra-oficialmente').

Mentres tanto, o servidor dun fornecedor con sobexa capacidade de disco para novas pode quedarse alt.* durante un par de dias e todo o demais durante unha semana.

Na práctica é algo máis complexo do que pode dar a entender esta explicación, dependendo dos detalles da configuración do servidor. En calquer caso, o 'tempo de caducidade' dos artigos o fixa cada administrador para o seu servidor."

[ Contido ]


Subject: 3.7 - Que é e para que serve un 'ponto neutro' ?

Para que todo o sistema funcione máis rapidamente, algúns servidores de novas actuan como 'pontos neutros', estacións de paso que proporcionan artigos para moitos outros servidores. Unha vez que o noso artigo chega a un destes 'pontos neutros', sera enviado a moitos outros servidores nun curto espazo de tempo.

Desde hai uns meses en España existe un 'ponto neutro' a medias. I.e., xa funciona para o tráfego IP, ( o correspondente as WEBs), mais non para o tráfego NNTP, (o correspondente ás novas). Iso significa que este artigo sera enviado ao servidor do meu fornecedor, que esta, digamos, en Madrid; como o meu fornecedor se conecta ao resto da Internet, digamos, con un enlace directo que termina noutro nodo que está, por exemplo, en Estados Unidos, resulta que os leitores deste grupo en Estados Unidos lera-no antes que os leitores deste grupo en España :-(

Esperemos que non tarde moito en servir tamén para o tráfego NNTP. Mais información en: http://www.rediris.es/novedades/puntoneutro.html.

[ Contido ]


Subject: 3.8 - Resumindo: as novas dun grupo son instantáneas, ou tardan un tempo desde que se envian até que saen publicadas para a sua leitura?

Como conclusión de todo o anterior: o tempo que tarda un artigo en estar visíbel para un leitor depende da localización do servidor desde o cal se enviou o artigo, da localización do leitor, da topoloxia física da Usenet e do tempo que tardan en comunicar-se entre eles os servidores situados entre o leitor e o escritor do artigo. Se o leitor e o escritor utilizan o mesmo servidor, o leitor poderá ler inmediatamente o artigo; se empregan servidores conectados directamente, o leitor tardara pouco en pode-lo ler (menos de 1 dia); se hai máis servidores por medio, pode tardar até varios dias.

Esta é unha das razóns polas que diferentes servidores teñen distintos artigos nos mesmos grupos.

[ Contido ]


Subject: 3.9 - Como pode ser que ás veces cheguen antes os 'followups' que o artigo que orixina o fio (thread) ?

A resposta a esta pregunta deixa-se como exercicio ao leitor, quen, despois de ler os pontos anteriores sobre como se distribuen as novas, non debe ter nengún problema para contesta-la ;-)

[ Contido ]


Subject: 3.10 - 'Como explicar que nestes momentos no meu servidor no grupo xx.xx.xx haxa YYY mensaxes, cando noutro servidor hai somente ZZZ ?'

Alain Deckers explica:

"Non hai nengunha razón que obligue a todos os servidores a ter o mesmo contido nun determinado grupo. Isto é algo que sorprende a moita xente cando o escoita por primeira vez, mais se o pensas un pouco é bastante lóxico.

Primeiro: cada artigo tarda un certo tempo en se propagar dun servidor a outro. Nun determinado momento, no teu servidor haberá artigos que ainda non chegaron a outros servidores e viceversa. Lembra que a velocidade da luz é finita. ;)

Segundo: o administrador de cada servidor fixa os prazos de caducidade dos artigos. Se o servidor dispón de pouco espazo de disco, o ritmo de prescrición probabelmente será maior.

Terceiro: a maioria dos servidores aceptan anulacións de artigos, pero non todos. Se o teu servidor pertence ao primeiro grupo, non verás algúns artigos que si verias no caso de conectares a un servidor do segundo grupo. (Mais non te preocupes, xa que só estas-te a perder artigos lixo do tipo "Pelirroiba quente, chama-me" e "Fai-te rico sen traballar".)

Cuarto: algúns servidores están configurados para rexeitar artigos cruzados a máis de X grupos. [N. do A.: Tamén poden estar configurados para cancelar envios binarios a grupos non especificamente adicados a eles]

Etc, etc, etc.

No teu servidor están os artigos que o teu administrador de novas quere que estean. Pagan-lle para iso."

E Julio Sánchez completa:
"Alain Deckers xa explicou unhas cantas razóns polas que o contido dos grupos non é identico en diferentes servidores. Eu dou tres mais:

- Distribucións. Ou sexa, o que se pon nese cabezallo chamado Distribution que ninguén sabe para que é ;-) Se un servidor indica que o seus viciños só recibirán artigos con tal e tal distribución (ou con todas menos tal e tal), só se propaga un subconxunto dos artigos. Tamén pode ocurrer que o servidor non acepte todas as distribucións, asi que os artigos que cheguen a outras distribucións son rexeitados. Por exemplo, é normal que uns servidores a outros non se pasen a distribución 'local'. [N. do A.: ]

- Se un servidor cria un grupo que non recibe de verdade, só apareceran nel os artigos que estean enviados a grupos que si recibe ademais de a este. Ou sexa, un claro síntoma de que o teu fornecedor ten criados máis grupos dos que recibe é que nalgúns grupos, todos os artigos aparecen 'crossposted'.

- Se un servidor ten configurados como non moderados algúns grupos que si son moderados, os artigos enviados a estes grupos nese servidor aparecen, mais son descartados polos seus viciños correitamente configurados."

[ Contido ]


Subject: 3.11 - É posibel que algúns artigos non cheguen nunca ao meu servidor ?

Si. Polas razóns explicadas no ponto anterior (prazos de caducidade, artigos cancelados, artigos rexeitados por 'crossposting', distribucións...) e, ademais, porque tamén se producen erros no mecanismo de difusión de artigos (ainda que non deberia ser moi habitual).

[ Contido ]


Subject: 3.12 - Por que os grupos de novas (newsgroups) teñen eses nomes tan raros?

Os grupos de Usenet organizan-se por hierarquias temáticas. As 8 principais son :

  1. comp.* (COMPutadores)
  2. humanities.* (humanidades)
  3. misc.* (MISCelanea)
  4. news.* (sobre a mesma Usenet)
  5. rec.* (RECreation, lecer)
  6. sci.* (SCIence, ciéncia)
  7. soc.* (SOCiety, sociedade)
  8. talk.* (charla).
Ademais existe a hierarquia alt.* (ALTernative, grupos alternativos) e as hierarquias nacionais como es.* (ESpaña), pt.* (PorTugal), de.* (DEutchland), etc.

Cada hierarquia subdivide-se en grupos e sub-hierrarquias temáticas: soc.culture.*, soc.history, sci.phisycs.*, etc.

[ Contido ]


Subject: 3.13 - Por que os diferentes servidores de novas non teñen os mesmos grupos de novas ? Quere isto dicer que os servidores suscriben-se aos grupos igual ca nos?

Alain Deckers contesta:

"Si. Hai xente que ten servidores de novas nun PC no salón da sua casa que só están subscritos aos 4 grupos que len. Os servidores de Universidades e empresas (incluindo os fornecedores como Jet, RedesTB, ou o que sexa) tamén poden elixir non se subscribir a determinadas hierarquias polas razóns que sexan. Por exemplo, algúns servidores non están subscritos á sub-hierarquia alt.binaries porque ocupa moitisimo espazo de disco (casi máis que todas as demais xuntas). Hai moitas outras razóns".
Si, hai que ter en conta que Usenet xera ("grosso modo") máis de 500 Mbytes diarios de media e medra rapidamente. Almacenar toda esa información require enormes cantidades de disco (tamén se pode optar por facer que os artigos duren só 1 dia no servidor :-) Cumpre tamén condiderarmos os custes (tempo e diñeiro) da transmisión desa informacion. Ademais, non todos os sitios con servidores de novas estan interesados en todas as hierarquias; por exemplo, non é usual que os servidores españois teñan a hierarquia finlandesa. Tamén pode ocorrer que a politica do servidor impida-lle ter certos grupos: por exemplo, se o Vaticano tivera un servidor de novas, coido que non teria alt.binary.pictures.sex :-)
[ Contido ]


Subject: 3.14 - Como se crian os grupos de novas ?

Podes achar os detalles exactos en:

- Grupos das hierarquias "Big8":

- Grupos da hierarquia es.*:
  - Grupos da hierarquia alt.*: En poucas palabras, o proceso de criazón dun grupo novo nas hierarquias "Big8" e es.* comprende dous pasos: a discusión previa e a votacion.

Primeiro, a persoa que propón o grupo envia un artigo, chamado RFD ('Request For Discussion') aos grupos apropiados (segundo se indica nos enderezos anteriores) para iniciar en algun deles un periodo de debate sobre a conveniéncia de criar o grupo, se debe ser ou non moderado, cal debe ser a sua temática, etc. Transcorrido este periodo, pode ser necesario recoller as conclusións da discusión nun novo RFD (se as modificacións respecto ao anterior son importantes) e realizar un novo proceso de discusión. Esta primeira fase de discusión puede repetir-se cantas veces sexa necesario antes de pasar á seguinte, a de votación.

Para a votación designa-se unha persoa ('votetaker') independente que controle e supervise o proceso. A votación inicia-se cando o 'votetaker' publica un artigo chamado CFV ('Call For Votes') recollendo a fundamentación do grupo (consecuéncia do RFD) e explicando como votar por e-mail. Ao final do periodo de votacion o 'votetaker' publica os resultados da votación e de verificaren-se os requisitos da hierarqia, a persona responsábel da dita hierarquia cria o grupo. Por suposto, a criazón do grupo non é inmediata e simultánea en todos os servidores de Usenet, senón que se vai propagando aos poucos entre eles, sendo criado somente en aqueles servidores cuxos administradores asi o desexen.

Esta descrición de como se crian os grupos é moi xenérica. Se desexas coñecer o proceso en detalle, debes ler os documentos citados anteriormente.

Os CFVs son as autenticas "cartas fundacionais" dos grupos de Usenet; a eles hai que ater-se cando se desexa saber o que é ou non é correcto e apropiado nun grupo de novas. Existe un arquivo de RFDs e CFVs en:

[ Contido ]


Subject: 3.15 - Servidores públicos de novas.

A maioria dos servidores de novas non son de libre acceso. Dan servizo unicamente aos clientes da sua propia rede, ou só a un conxunto determinado de máquinas, ou ben exigen algun tipo de identificación (usuario/contraseña) para permitir o acceso.

Nembargantes, tamén é posíbel atopar servidores de novas de acceso libre. Uns teñen máis grupos que outros, alguns permiten enviar artigos e outros somente le-los.

O conxunto de servidores públicos é moi cambiante: alguns destes servidores non son nada máis que servidores cuxos administradores non pretenden que sexan públicos mais que, ao estaren mal configurados, permiten o acceso a calquer. Como se pode supor, axiña que os seus administradores se decatan deixan de ser públicos. En todo caso, adoitan ser servidores pouco fiábeis e que dan un servizo de non moi boa calidade (coas lóxicas excepcións). Pode-se achar unha lista de alguns destes servidores en:

http://www.yahoo.com/News_and_Media/Usenet/Public_Access_Usenet_Sites/

Cando é un fornecedor de Internet o que nos da acceso a un servidor de novas temos todo o dereito do mundo, como clientes, a exixir-lle a calidade de servizo apropiada, xa que nos cobran por ela. De feito, deberiamos acostumar-nos a facelo. Porén, no caso dos servidores de libre acceso non nos une cos xestores dos ditos servidores nengunha relación de tipo contractual, asi que tampouco temos dereito a lles exixir nada.

Cumpre termos moi claras as condicións ao contratarmos un proveedor de Internet. En cuanto ás novas, deben aclarar-nos se nos van dar acceso a un servidor proprio ou público, cantos grupos ten, etc.

[ Contido ]


Subject: 3.16 - Por que vexo caracteres "extraños" nalgunhas mensaxes? Que é MIME?

A resposta a esta pregunta exixe unha explicación lixeiramente técnica. Non pretendo que sexa exaustiva, centrando-me nas mensaxes de texto. Para afondar no tema convén referir-se aos RFCs 1521 e 822.

Traducido do RFC 1521, "MIME Part One":

"Desde a sua publicación en 1982, o documento STD 11 , RFC 822, define o formato estandar das mensaxes textuais de correo en Internet. O seu éxito foi tal que o RFC 822 ten sido adoptado, total ou parcialmente, alén dos confíns da Internet e do estandar STD 10, RFC 821 de transporte de correo (SMTP). Mais ao se incrementar o seu uso, fixeron-se patentes algunhas limitacións que resultan avondo restrictivas para a comunidade de usuarios.

O RFC 822 trataba de especificar un formato para mensaxes de texto. Polo tanto, as mensaxes non textuais, como as mensaxes multimedia que poden incluir audio e video, por exemplo, nen se mencionaban. Mesmo no caso das mensaxes textuais o formato definido no RFC 822 é inadecuado para as necesidades dos usuarios de correo cuxos idiomas requeren o uso de conxuntos de caracteres máis ricos que o definido como US-ASCII ..."

[N. do A.: o xogo de caracteres US-ASCII contén 128 carateres, codificados con 7 bits, i.e., do 0 ao 127; os ditos caracteres son os empregados en inglés, e portanto, non conten os nosos caracteres acentuados, a ñ, o ç, etc]

A situación complica-se ainda máis xa que os estandares de transporte de mensaxes de correo (SMTP, STD 10, RFC 821) e novas (NNTP, RFC 1036) especifican que os ditos sistemas deben ser capaces de transportar mensaxes compostas por caracteres codificados en 7 bits. Isto explica que nos atopemos con "zonas" da Rede que cumpren este estandar e só son capaces de transportar caracteres de 7 bits; outras, porén tamén cumpren o estandar mais son capaces de transportar caracteres de 8 bits (se poden transportar caracteres de 8 bits, tamén son capaces de transportar caracteres de 7, logo cumpren o estandar).

Poñamos un exemplo. O caracter "o acentuada" corresponde, no xogo de caracteres Latin-1 (iso-8859-1), que conten os caracteres específicos da nosa língua, ao número 243 (F3, en hexadecimal). En binario, este número escrebe-se 1111 0011. Ao enviarmos unha mensaxe que contén este caracter ao través dunha zona da Rede que só é capaz de transportar caracteres de 7 bits, o caracter, ao chegar ao seu destino, tera-se convertido en 111 0011 (73 hexadecimal). E o leitor de correo no destino, xa utilice o xogo de caracteres US-ASCII ou o Latin-1, presentará o caracter 's', que é ao que corresponde en ambos xogos (US-ASCII é un subconxunto de Latin-1).

A situación descrita obriga a "traducir" a 7 bits todos aqueles dados non textuais ou textuais non US-ASCII antes de envia-los, e a desfacer a dita "traducción" ao recibi-los, antes de llos presentar ao usuario.

MIME ('Multipurpose Internet Mail Extensions', 'Extensións Multiproposito para Correo en Internet') proporciona unha forma de facer isto.

As mensaxes con formato MIME caracterizan-se por 3 liñas no seu cabezallo. Por exemplo:

Mime-Version: 1.0
Content-Type: text/plain; charset=iso-8859-1
Content-Transfer-Encoding: quoted-printable
=F3
O exemplo anterior contén, no corpo da mensaxe, unicamente unha "o acentuada". Como se ve, o caracter 1111 0011 foi traducido (mediante codificación 'quoted-printable' a 3 caracteres de 7 bits: '=' (011 1101), 'F' (100 0110) e '3' (011 0011). Calquer "zona" da rede que cumpra o STD,10 RFC 821, sera capaz de transportar estes 3 caracteres, porque só teñen 7 bits. Cando cheguen ao seu destino, se o leitor de correo ou de novas "entende" MIME, sera capaz de obter o caracter orixinario. Por unha banda, sabe (porque o pon no cabezallo da mensaxe) que foi codificado como 'quoted-printable', asi que dos caracteres "=F3" obterá o caracter número 243. No cabezallo di tamén que xogo de caracteres debe usar, neste caso o iso-8859-1. Como nese xogo o caracter 243 é a 'o acentuada', iso é o que apresentara ao usuario.

Porén, se o leitor non "entende" MIME, o usuario vera os caracteres "=F3" tal cal. E se non dispón no seu ordenador do xogo de caracteres iso-8859-1, tamén vera "cousas extrañas".

A liña 'Content-Type:' compón-se dun par 'tipo/subtipo' (neste caso, 'text/plain') de dados contidos na mensaxe máis unha serie (opcional) de parámetros (neste caso, 'charset=iso-8859-1'). Outros posíbeis 'tipos' son 'audio', 'video', 'image', 'application', etc.

A liña 'Content-Transfer-Encoding:' pode indicar 5 tipos de codificacion: '8bit', '7bit', 'binary', 'quoted-printable' e 'base64'.

Como CONCLUSIÓN: Podes achar algunhas referéncias uteis ao final de este documento.
[ Contido ]


Subject: 4 - Que é a netiqueta ?

Usenet existe desde hai alguns anos. Durante ese tempo, os seu usuarios teñen ido reunindo experiéncia, dunha maneira informal, relativa aos usos máis axeitados para unha comunicación efeitiva ao traves das novas. Esta experiéncia, en forma de consellos, denomina-se netiqueta; trata-se da "etiqueta da rede", das suas "reglas de educacion". Son unha extrapolación das normas de educación que (a maioria) utilizamos na vida diaria, ainda que tendemos a esquece-las na Rede, dada a natureza virtual da interacción social nela.

Non teñen un caracter coercitivo. Son tan só consellos, mais dun grande interese práctico. A su observación condiciona en grande medida o funcionamiento dun grupo de 'novas'. Por iso é sumamente importante que te familiarices con ela. Na derradeira sección deste FAQ encontraras alguns enderezos de documentos pensados expresamente para elo.

[N. do A.: Javier Herrera propón unha traducción alternativa e máis hispanizada do termo 'netiquette'; como este é 'net' + 'etiquette', o equivalente en español seria 'red' + 'etiqueta', de onde sae o termo 'retiqueta'. Ocorre-se-me que, como en español no é usual empregar a palabra 'etiqueta', senon 'educación', o palabro obtido seria 'red' + 'educación': 'reducación' :-) ]

[ Contido ]


Subject: 5 - Que é 'crossposting' ?

A pouco tempo que leves na Usenet atoparas-te con un dos seus aspectos máis irritantes: o 'crossposting'. É posíbel, mesmo, que, sen decatares-te esteas caindo nel. Evitar face-lo un mesmo é doado. Evitar que o fagan os demais xa é máis complicado: exixe a solidaridade de todos os usuarios da Usenet.

[ Contido ]


Subject: 5.1 - Que son estes milleiros de artigos que bombardean os meus grupos favoritos e non teñen nada que ver cos temas habituais? Atopo-os até na sopa !!!

Seguramente trata-se de 'crossposting'. Para estar seguro, comproba a liña 'Newsgroups:' no cabezallo deses artigos. Se aparecen nela moitos grupos, trata-se de 'crossposting'. Como sufriras en carne propria, trata-se de un dos fenómenos máis desagradábeis en Usenet porque:

Engade Alain Deckers:
"Eu engadiria que o principal problema asociado ao cross-posting é que este rompe por completo a temática dos grupos, fai fuxir a parte da audiencia das novas e en xeral rompe o sentido de "comunidade" que adoitaba agromar noutrora nos grupos con siaeiros fixos."
[ Contido ]


Subject: 5.2 - Como comeza un 'crossposting' ?

Cando alguén inicia un 'fio' normalmente envia este primeiro artigo a un só grupo; caso de dirixi-lo a moitos grupos (máis de 2 ou 3) e non toma as debidas precaucións, ver máis abaixo, inicia un 'crossposting'. A partir de entón calquiera que faga un 'followup' nese 'fio', a non ser que cambia a liña 'Newsgroups:' do cabezallo, estará a enviar o seu artigo a todos eses grupos.

[ Contido ]


Subject: 5.3 - Quen inicia os 'crosspostings' ?

[ Contido ]


Subject: 5.4 - Pode ter sentido un 'crossposting' ?

As veces (raras veces) si. Por exemplo, supón que queres anunciar a tua nova e relucente pagina 'web'. Como conten información sobre os furulullos azuis ;-) axiña pensas en enviar unha mensaxe a varios grupos da hierarquia es.furulullos.*. Porén, como liches este FAQ, sabes que o que estas a piques de facer é un 'crossposting'. Que facer ? Para evitar o 'crossposting' podes utilizar a liña 'Followup-To:' do cabezallo. Tes 2 opcións:

[ Contido ]


Subject: 5.5 - Como podo evitar o 'crossposting' ?

SEMPRE, SEMPRE, SEMPRE comproba a liña 'Newsgroups:' antes de enviar b artigo.

Se fora imprescindíbel faceres un 'crossposting', segue os consellos do ponto anterior.

Envia un 'e-mail' aos "crossposteadores" queixando-te polo seu comportamento. (OllO: dixen un E-MAIL; se lles respondes nas novas, a tua mensaxe de queixa somara-se ao 'crossposting' !!! ) As veces atoparas-te que as tuas mensaxes "rebotan" ('user unknown', ou similar). Remito ao 'Net Abuse FAQ' sobre este tema. Pode que se trate dun "profesional", mesmo asi en moitos caso é posibel pilla-lo.

Tamén podes queixar-te ante o 'postmaster' do servidor de onde proven orixinalmente o 'crossposting'.

Fai-te con un leitor de novas serio (isto é, con capacidades de 'killfile', un filtro que permita eliminar os artigos non desexados, entre eles os "crossposteados". Que paz, que tranquilidade !!!) Esta solución é efeitiva (deixarás de sofrir o problema en grande medida) mais un tanto "insolidaria" (ti libras-te do 'crossposting' mais,..., que pasa coa pobre Usenet, eh?)

Como opinión persoal, a mellor solución é convertir os grupos de novas en "pseudo-moderados". A principal (ou única) regla de moderación seria o rexeitamento de aqueles artigos 'crossposteados', digamos, a máis de 4 grupos. Pode-se facer isto automaticamente, mediante un programa "robomoderador" que evite a moderación humana. Permite tamén a remisión automática dun 'e-mail' aos "crossposteadores" explicando a razón do rexeitamento do seu artigo.

[ Contido ]


Subject 5.6: Que é un 'killfile'?

Algúns leitores de novas permiten filtrar os artigos dos grupos. Isto significa que podes instruir ao leitor para que, por exemplo, non apresente os artigos de determinado autor ou de determinado fio, ou aqueles que conteñan determinadas palabras no "Subject:" (por exemplo, "MAKE MONEY FAST"), ou aqueles 'crossposteados' a máis de X grupos. Tamén poden permitir o contrario, i.e., resaltar aqueles artigos que veñan dun autor determinado, ou os de determinado fio, ou os que conteñan determinadas palabras.

A configuración destes filtros, ao menos nos primeros leitores de 'novas' que incorporaron esta facilidade (moi vencellados ao mundo Unix), guarda-se en ficheiros ASCII denominados 'killfiles'. Asi, "incluir a alguén no meu 'killfile'" equivale a face-lo desaparecer de Usenet, ao menos para min.

Resulta indubidábel a utilidade que poden ter os 'killfiles'. A visión que un usuario ten dun grupo determinado pode variar drasticamente se usa un 'killfile'. Porén, non todo son avantaxes (polo menos avantaxes definitivas, vexa-se o apartado: 'Pode-se conseguir o mesmo cos 'killfiles' que coa moderación automática ?').

[ Contido ]


Subject: 6 - Que é o 'spam'?

O 'spam' consiste en asulagar Internet con moitas copias da mesma mensaxe (de 'e-mail' e/ou de novas), tratando de forzar que o lea moita xente, xente que doutro xeito pasaria de le-lo. A maioria é publicidade comercial, a miudo de productos cando menos "sospeitosos" (productos "milagre", por exemplo), ou do estilo "Faga-se rico en hora e meia !!!", ou negocios piramidais, etc.

No caso das novas diferencia-se do 'crossposting' en que, en lugar de tratar-se de 1 mensaxe dirigida a moitos grupos, consiste en a mesma mensaxe enviada unha vez a cada grupo. Portanto, na liña 'Newsgroups:' do cabezallo da mensaxe aparecera só un grupo, mais atoparás a mesma mensaxe en multiples grupos (Note-se aqui a diferenza con o 'crossposting': un artigo 'spam' dirigido, digamos, a 20 grupos, envia-se 20 veces a cada servidor e garda-se fisicamente 20 veces no seu disco, mentres que no caso do 'crossposting' envia-se e garda-se unicamente 1 vez. Por isto o 'spam' é peor que o 'crossposting').

Ademais, no caso do 'crossposting' os nosos leitores de correo tratan o artigo como un só e unha vez lido non o amosan noutros grupos (isto é certo só cando clientes e servidores manexan correitamente a liña "Xref:"), mentres que cando se envia independientemente volvemo-lo atopar unha e outra vez.

Se fora imprescindíbel enviares un artigo a varios grupos, fai-no 'crossposted', non 'spammed' e, por favor, seguindo as indicacións de 5.4

O 'spam' non é exclusivo de Usenet, basta-lle o correo electronico. Até agora, en España non temos moito problema co 'spam' por 'e-mail', pero todo se andará (o asunto esta cadora máis quente nos USA). Pregunta-te, por exemplo, de onde sacan as empresas "spameadoras" os enderezos electrónicos do publico probabelmente interesado en tal ou cal producto (Pista: pensa nos posíbeis usos dos formularios existentes en moitas páxinas WEB. Ah ! E sabes o que son as "cookies"?)

O 'spam' é prexudicial (máis que o 'crossposting') polo tempo e o diñeiro que fai perder aos usuarios, porque habitualmente trata-se de lixo e porque normalmente os 'spammers' falsifican os seus enderezos.

Domènec Sos desintoxica con unha anecdota:

"O termo spam (carne de porco picada con especias) e o seu uso na Usenet proven dun hilarante sketch dos Monty Python no que o cliente dun restaurante ve-se forzado a tomar spam en calquer prato que escolla, quera-o ou non (o spam con spam, mesmo spam e spam con spam, ademais de spam de spam con spam e spam). Esta inevitabilidade e pesadez do spam dos Monty é a que se asocia ás mensaxes intrusas na Usenet. Pode-se ler o guion do sketch en: http://www.ironworks.com/comedy/python/spam.htm, incluindo un spam.wav coa canción do spam."
[ Contido ]


Subject: 7 - Que é 'ECP'? e 'EMP'?, e o 'Indice Breidbart' (BI)?

'EMP' significa 'Excesive Multi-Posting', i.e., é o mesmo que 'spam': demasiados envios por separado do (sustancialmente) mesmo artigo.

'ECP' significa 'Excesive Cross-Posting', i.e., refire-se ás ocasións nas que se envian moitas mensaxes a máis dun grupo cada unha.

Adoito aplica-se o termo 'spam' de xeito genérico, i.e., tanto ao EMP (o 'spam' propriamente dito) como ao ECP.

Existe un amplo consenso no senso de que o 'spam', en sentido genérico, constitue un abuso e pode implicar A CANCELACIÓN dos ARTIGOS constitutivos do dito 'spam'.

Seth Breidbart inventou unha formula (o 'indice Breidbart') que trata de cuantificar o grao de 'maldade' dun 'spam' en concreto (sexa ECP ou EMP). Define-se o Indice Breidbart como a suma das raices cuadradas de 'n', sendo 'n' o número de grupos ao que foi enviado un artigo.

Exemplo: Se envias 2 copias do mesmo artigo, a primera a 9 grupos á vez e á segunda a 16 á vez, o BI é sqrt(9) + sqrt(16) = 7.

Un artigo pode ser CANCELADO se:

  1. 1. O seu BI é maior ou igual que 20 considerando os últimos 45 dias. 2.
  2. É continuación dun EMP/ECP previo.
[ Contido ]


Subject: 8 - Que é un grupo moderado?

Cando un grupo é moderado os artigos enviados non chegan directamente, senón que son previamente enviados a un enderezo de 'e-mail' (este proceso adoita ser transparente para o usuario, a quen lle parece que envia o artigo a un grupo normal) , onde o moderador, que pode ser un programa ou unha persoa, recibe-o; o moderador (tamén pode ser un grupo de moderadores) decide entón se o artigo é apropriado para o grupo de novas (en función da política de moderación que siga o grupo, estabelecida no seu proceso de criación). Se é axeitado, "inxecta-o" no grupo de novas; non sendo-o, o artigo é rexeitado.

Como o artigo non é inxectado directamente na Usenet, senón que se envia por 'e-mail' ao moderador, é normal que tarde máis en aparecer no teu servidor: primeiro, polo tempo necesario para a moderación (desde que o envias até que o moderador o aproba e o inxecta nas novas); segundo, porque o teu artigo sera inxectado nun servidor de novas que non ten por que ser o teu, e pasara un tempo até que o teu servidor o reciba.

Como é de supor, o propósito da moderación é evitar artigos inapropiados para o grupo. Exemplos: artigos cuxa temática non ten que ver co grupo, 'crossposting', 'spam', artigos ofensivos...

Moita xente entende que os grupos moderados, sobre todo nos grupos da hierarquia soc.*, non son máis que unha forma de censura. Persoalmente parece-me que Usenet tenderá cara a 'moderación suave' (contra 'crossposting' e 'spam', principalmente) ou terá graves problemas para sobreviver como a coñecemos até agora. De feito, xa comeza a suceder que a xente que busca utilidade e/ou seriedade na Internet decanta-se polas listas de distribución de 'e-mail' en detrimento de Usenet.

Podes achar máis información sobre grupos moderados en:

[ Contido ]


Subject: 8.1 - Que é a robomoderación?

Moitas das tarefas correspondentes á moderación dun grupo de novas poden automatizar-se completamente (por exemplo, rexeitar os artigos 'crossposteados' a máis de X grupos de novas ou aqueles que conteñan arquivos binarios); portanto pode aliviar o traballo dos moderadores utilizando un programa ("robomoderador") que se encargue de realizar estas tarefas de rotina.

O robomoderador estaria en calquer máquina con acceso a Internet (normalmente tratara-se dunha máquina Unix). As mensaxes que enviaramos ao grupo robomoderado non irian directamente a un servidor de novas, senón que serian enviados a un enderezo de correo electrónico na dita máquina. O programa robomoderador recibiria-os ali e decidiria cales rexeitar e cales non (enviando estes de seguido a un servidor de novas), e, no seu caso, cales redirixiria a un moderador humano para que decidira el.

[ Contido ]


Subject: 8.2 - Pode conseguir-se cos 'killfiles' o mesmo que coa moderación automática ?

Isto non é do todo correcto. En primeiro lugar, moitos usuarios das novas len-as utilizando programas que non incluen 'killfiles'.

En segundo lugar, as consecuencias en ambos casos son moi diferentes.

Brad Templeton (news.software.readers):

"...a verdadeira razon pola que os 'killfiles' non son tan boa idea é que fragmentan a rede.

...eliminar os 'crossposts' é moi sinxelo, e moita xente o fai.

Pero o que se consegue é ter un grupo que alguns leitores perceben como tranquilo mentres que a outros lles parece sumamente ruidoso e acaban participando, consciente ou inconscientemente, nos fios [masivamente] cruzados. Moita xente que non quere utilizar 'killfiles' simplemente participa menos ou vai-se.

Un grupo de novas non é un tema. É, ante todo, un grupo de persoas. Mais os 'killfiles', caso de resultaren imprescindíbeis, arruinan isto. O grupo escacha-se en diferentes conxuntos de persoas e cada un deles ten unha visión distinta do grupo de novas, deste xeito a comunidade desaparece.

Eu era un grande defensor dos 'killfiles' nos "vellos tempos" debido a que entón non eran moi necesarios. Hoxe necesitamo-los demasiado, e o resultado non é tan bon.

Mais o principal é que se un grupo de novas, antes que un tema, debe ser un grupo, entón debe haber algun tipo de experiencia compartida. É a experiencia compartida o que converte o grupo en comunidade."

[ Contido ]


Subject: 9 - Que é un 'troll'?

[N. do A.: Traducido de http://sckb.ucssc.indiana.edu/kb/data/afhc.html]

Un "troll", en Usenet, non é a criatura monstruosa que aparece nos libros de Tolkien ;-) senón un artigo provocador enviado ás novas coa intención de producir unha grande cantidade de respostas insubstanciais.

A temática de os "trolls" cai, xeralmente, nas mesmas areas. Pode consistir nunha aparentemente absurda contradicción do sentido común, un insulto deliberadamente ofensivo aos leitores dun grupo de novas, ou unha ampla petición de información trivial. Unha mensaxe de poucas liñas e do estilo seguinte trata-se seguramente dun "troll":

O resultado destes artigos é, frecuentemente, unha enxurrada de enfadadas respostas. Nalguns casos (sobre todo cando se combina co 'cross-posting') o fio orixinado por un "troll" pode durar semanas. Estas mensaxes envian-se a centos, milleiros, de servidores de novas por todo o mundo, malgastando asi os recursos da red e os cartos da xente que ten que pagar para recibir as novas. Este tipo de fios resulta frustrantes para as persoas que tratan de ter conversas "con susbtancia" nun grupo.

A xente que envia "trolls" fai-no para chamar a atencion, amolar un grupo e lia-la. A mellor respuesta a un "troll" é NON RESPOSTAR; facendo un 'followup' a un "troll" contribues a agrandar o efeito "bola de neve" para maior divertimento do "troller". Debes ter isto en conta antes de enviar calquer resposta.

Por favor, tratade aos "trolls" de modo constructivo, e non participedes no seu xogo. Axudaredes a que Usenet sexa un lugar moito máis agradábel para a conversación.

[ Contido ]


Subject: 10 - Que hai do envio de binarios ás novas?

Por archivos binarios entenden-se aqueles que conteñen información non directamente comprensíbel polas persoas (textual), i.e.: executábeis (programas), imaxes (.gif, .jpeg, .jpg,...), audio (.wav, .au, ...), video (.mpeg, .mpg, .avi, ...), etc.

Todos eles teñen en común unha cousa: son grandes. E isto ten implicacións en relación ao uso de recursos (espazo no disco dos servidores e largura de banda ocupado para o transmitir entre os servidores e dos servidores aos clientes) na Usenet.

É por isto que en Usenet é, desde calquer ponto de vista, incorrecto enviar arquivos binarios a grupos de novas non especificamente adicados a eles.

Os grupos de novas adicados ao intercambio de binarios foron a solución no seu dia, cando os meios máis apropiados para o dito intercambio (ou sexa, os servidores FTP e a WEB) non estaban na man do usuario medio (ou nen sequera existian). Mais hoxe calquer internauta ten a posibilidade (por certo, *gratuita*) de utilizar polo menos a WEB para obter arquivos binarios ou po-los a disposición dos demais.

A opinión persoal do autor é, portanto, que só en casos moi xustificados deberia utilizar-se Usenet para o trafego de binarios. E nese caso, exclusivamente nos grupos adicados a eles.

[ Contido ]


Subject: 11 -  NoCeM: Usenet á medida de cada usuário

[N. do A. : Esta parte foi adaptada de "The NoCeM FAQ", que se pode achar en:  http://www.nocem.org/faq.html ]

'Crossposting', 'spam', binários en grupos non axeitados, artígos fora de tema, "trolls" ... e tamén cancelacións, acusacións de censura, etc; cada día a Usenet é máis ruidosa, cadora máis xente abusa de Usenet e, portanto, cadora máis xente convence-se de que a solución é torna-la menos libre. Non debe ser asi.

Xa vimos (vexa-se 8.2) unha solución parcial: os "killfile" ou filtros de mensaxes, que permiten a cad usuário, coas súas limitacións lóxicas, ter unha visión parcial da Usenet, eliminando boa parte dos artigos que non desexa ver. Apresentamos de seguido outro sistema para adaptarmos a Usenet aos nosos desexos, preservando a sua liberdade.

[ Contido ]


Subject: 11.1 -  Que é NoCeM?

NoCeM (pronuncie-se "No See'Em" (nou seim :-), literalmente "Non ve-los") pode ser:
 
[ Contido ]


Subject: 11.2 -  Como funciona?

Hai tantas opinións como persoas canto ao que se debería enviar a Usenet. Alguns teñen un amplo apoio, como os canceladores de 'spam'. Outros, como os que desexan censurar pontos de vista distintos aos seus, non teñen apoio. Existindo moitas situacións entre ambos extremos.

Segundo o modelo NoCeM, calquer persoa que vexa na Usenet algo que pensa non deberia ter-se enviado, pode emitir unha mensaxe NoCeM ('NoCeM notice'). Nembargantes, como sucede con calquer artigo na Usenet, a importáncia que os demais concedan á dita mensaxe NoCeM non será maior que a reputación de tal persoa na rede. Se a xente está de acordo cos critérios  desta persoa E pensa que é objectiva de abondo como para xulgar segundo eses critérios, daquela pode que aceiten as suas mensaxes NoCeM. Por suposto, tamén ocorrerá ás avesas: que non estean de acordo cos seus critérios OU non a consideren un bo xuiz e portanto non aceiten as suas mensaxes NoCeM.

Cando alguen aceita unha mensaxe NoCeM, levara-se a cabo unha acción predeterminada. O mais frecuente é que no ficheiro 'newsrc' do dito usuário apareza marcado como lido o artigo ao que fai referencia a mensaxe NoCeM. Mais tamén é posíbel configura-lo para que recupere o artigo ao que se refire, do servidor, e o marque como artigo no  que o leitor pode estar interesado (por exemplo, se sempre le os artigos de determinada persoa).

[N. do A.: note-se que o administrador dun servidor de novas pode empregar NoCeM para indentificar artigos que considere indesexados e posteriormente cancela-los ou apaga-los do servidor: como é a sua máquina pode facer o que queira].

[ Contido ]


Subject: 11.3 -  É posíbel que o meu administrador (ou o dalgun servidor que forneza aertigos ao meu) poda utilizar NoCeM para censurar o que vexo?

Unha vez lido o apartado anterior, a resposta (obvia) é "Si". Mais isto foi-che asi sempre, o administrador do tu servidor e os dos servidores que "alimentan" ao teu sempre poideron controlar o que podes ou non podes ver. Son as suas máquinas, e poden facer con elas o que queiran. Se non gostas, debes buscar outro servidor de novas que teña unha política menos restrictiva nos contidos.
[ Contido ]


Subject: 11.4 -  Poden-se falsificar as mensaxes NoCeM?

Non, xa que as mensaxes NoCeM deben ir asinados mediante PGP. Cada usuário de NoCeM é responsábel das claves públicas PGP que inclue no seu arquivo de claves e, portanto, é responsábel de a quen da acceso.
[ Contido ]


Subject: 11.5 -  Que teño que facer para receber e utilizar as mensaxes NoCeM?

Actualmente  só existe un cliente NoCeM para Unix, que se pode achar en  http://www.nocem.org/nocem-093.tar.asc . Como está escrito en Perl, a adaptación a MS-DOS é sinxela -podes atopar unha descripción buscando en Dejanews o artigo titulado "NoCeM (the CancelMoose Perl Client) on Windows system", publicado en news.software.misc e alt.nocem.policy en Decembro do 97; se alguen o quere que mo pida-, mais ainda non existe (que eu saiba) versión "oficial" para MS-DOS.

Para utilizar NoCeM precisarás ademais:

[ Contido ]



 

Subject: 12 - Que cumpre saberes sobre os leitores de novas?

Desta sección espera-se unha grande utilidade práctica. Veremos primeiro, dun modo xeral, as funcionalidades básicas que cabe pedir a un leitor de novas e, de seguido, pasaremos revista a algun dos leitores máis usados.

[N. do A.: necesitan-se e esperan -se colaboracións sobre leitores de novas]

[ Contido ]


Subject: 12.1 - Xeralidades

Ainda que cada leitor ten as suas peculiaridades, eis unha breve descripción do que todos permiten facer:

1 - Conectar con un servidor de novas

É o primeiro que fará o leitor ao arrancar. Se é a primeira vez que se conecta a ese servidor en concreto, baixara a lista de todos os grupos contidos no dito servidor, o que tardará uns minutos; se non é a primeira vez, o normal é que baixe o número de artigos (total e sen ler) de cada grupo ao que esteas subscrito.

2 - Ler un grupo de novas

O teu leitor, despois do paso anterior, amostrará a lista dos grupos aos que estas subscrito e/ou a lista de todos os grupos do servidor ao que estas conectado. En calquer caso, poderás seleccionar un grupo para que o teu leitor obteña do servidor os cabezallos dos seus artigos (Somente os artigos sen ler ou todos os artigos, lidos e sen ler, segundo como teñas configurado o teu leitor). Unha vez feito isto, poderas seleccionar o artigo que desexas ler, tras o cal o teu leitor baixará do servidor o corpo do dito artigo e cho amostrará.

A maioria dos leitores permiten ordenar a lista de artigos por data (date), por asunto (subject), por autor (autor) e por fio (thread).

ATENCIÓN: normalmente, cando leas un artigo este ficará marcado como lido, de maneira que, se tes configurado o teu leitor para que amose só os artigos sen ler, a próxima vez que entres no mesmo grupo non verás o dito artigo. Se queres volver ve-lo terás que reconfigurar o leitor para que amose todos os artigos (lidos e sen ler). Ten en conta tamén que, normalmente, o teu leitor non baixara todos os artigos dun grupo (xa que pode haber moitos e tardaria demasiado), senón que está configurado para baixar-se os X artigos máis recentes. Se segues sen ver un artigo que viras anteriormente é posíbel que sexa máis antigo que os X artigos que amosa. Alguns leitores poden baixar máis artigos a pedido do usuario, ou mesmo baixar todos. En caso contrario, se cadra podes reconfigurar o teu leitor para que baixe un número maior de artigos.

3 - Contestar a un artigo

Tras ler un artigo pode que desexes enviar unha resposta. O teu leitor, ademais de compor a tua resposta, probabelmente permitira-te estas 3 opcións:

a. Enviar a resposta ás novas ('followup')
b. Enviar a resposta por e-mail ao autor do artigo ao que respondes.
c. As duas anteriores simultaneamente.

[Antes de responder a un artigo por primeira vez, le as seccións 3.2, 3.3, 3.4, 4 y 5. Son MOI IMPORTANTES]

4 - Enviar un artigo

Esta claro, non si? ;-)

5 - Edición de cabezallos ao compor artigos

Asegurate de aprender _axiña_ como se fai isto no teu leitor; antes de enviar calquer artigo deberias comprobar os cabezallos, e, se cumprise, modificar os correspondentes a 'Followup-To', 'Reply-To:', etc, tal e como dixemos anteriormente.

4 - Gestion de grupos de novas

a. Suscripción / Cancelación de Suscripcións
b. Ver se hai novos grupos

[ Contido ]


Subject: 12.2 - Un leitor 'off-line': Forte Free Agent

Escrito por Pedro Macanás Valverde e Fran Bernal Fernández.

[Nota do Traductor: Este leitor de novas non é especialmente recomendábel para o grupo Soc.Culture.Galiza, xa que non permite ler nin escreber mensaxes codificadas en MIME quoted-printable]

Tema 12.2.1 - Clases de leitores. Dados básicos.

Chega o gran momento, decidimos participar no que se denomina a conciencia ou estado de opinión da Internet ( "Usenet") e debemos elixir o veículo axeitado. Cal escollemos ?.

Para a maioria dos usuarios a mellor elección é, sen dúbidas, un programa de novas 'offline'. A diferenza dos 'online', poden gardar os cabezallos dos artigos (titulo e autor) cando o usuario esta conectado, elixir co telefono colgado os que máis lle interesen e posteriormente conectar a fin de copiar no disco duro o contido (corpo) dos artigos elixidos (polo que non necesitara estar conectado para le-los, co conseguinte aforro telefónico).

Para explicarmos o funcionamiento dos ditos programas utilizaremos Forte Free Agent, que é gratuito e pode obter-se en http://www.forteinc.com. Para resolver as dúbidas que nos xurdan podemos acudir a news:alt.usenet.offline-reader.forte-agent

Ao situarmos o cursor do rato sobre os icones do programa, aparecen-nos unhas pistas (letreiros amarelos) co nome dos mesmos, que resultan de grande axuda.

Para que o noso leitor de novas poda funcionar, deberemos proporcionar-lle alguns dados:

a) Relativos ao servidor. Entrando no menu Options-General Preferences-System deberemos indicar como:

b) Relativos ao usuario e outros dados: Tema 12.2.2 - Subscripción aos grupos existentes e obtención de outros novos.

O programa Free Agent conta con tres xanelas:

a) Grupos ou foros (subscritos, todos -'all'- ou novos -'new'- ).

b) Artigos, novas ou 'postings': no que amosa o estado dos mesmos (ex. lidos ou non), o tema ('subject') e os dados dos autor.

c) O contido do artigo .

A nosa atención centra-se agora na primeira delas (a de Grupos ). Indo a Group-show-all poderemos ver os distintos grupos, por exemplo, news:alt.comp.periphs.dcameras (sobre camaras dixitais), news:alt.comp.periphs.multifunctions (trata das equipas multifuncionais), news:alt.culture.us.hispanics (os hispanos dos USA), news:soc.culture.esperanto,... (os que comezan por es. son os españois).

Podemos buscar calquer grupo polo seu nome clicando sobre o primeiro icone de lanterna, repetindo á busca co segundo icone até achar o foro desexado.

Para subscribir-nos a un grupo, debemos selecciona-lo ( clicar co boton esquerdo do rato sobre o seu nome) e clicar logo sobre o icone 'subscribe' (que ten a aparencia dun xornal).

Periodicamente podemos ver os grupos novos que se crien indo ao menu Online-Get New Groups , podendo ve-los con Group-show-New Groups.

Tema 12.2.3- Leitura de artigos.

Unha vez subscritos a un grupo que nos poda interesar, fixemo-nos na segunda xanela.

O primero paso é obter os cabezallos (titulo e autor) dos novos artigos enviados ao grupo ultimamente. Para isto clicaremos sobre o primeiro icone (Get New Headers in Subscribed Groups), estando conectados a Internet.

Os que levan Re: son unha contestación a un artigo inicial que se chama igual que a sua contestación (o que se denomina resposta ou 'follow-up'). O artigo inicial e as respostas forman un fio ('thread').

Agora podemos desconectar-nos, especialmente se estamos subscritos a moitos grupos. Cando vexamos un artigo interesante, seleccionaremo-lo e clicaremos sobre o icone 'mark for retrieval' ('marcar para recuperar' o corpo ou contido do artigo).

Para obter os corpos dos artigos, debemos conectarnos de novo e clicar sobre o boton 'Get Marked Message Bodies', tras o cal poderemos desconectarnos definitivamente para ler os artigos con tranquilidade e co telofono apagado.

Tamén podemos decidir recuperarmos directamente todos os corpos dos artigos dun grupo determinado que nos interese bastante (debemos ter en conta que no caso de seren moitos grupos ou se hai un grupo con moita actividade, o leitor tardara bastante en concluir a sua tarefa). Para isto deberemos seleccionar o dito grupo, ir a Group-properties e marcar override default settings-retrieve bodies for all new messages.

Para ler os novos artigos dun grupo (cuxo titulo aparecerá en vermello, debemos clicar sobre o icone view next unread message. Se o artigo leva anexado un ficheiro binário (ex., unha imaxe), podemos empregar o decodificador "uudecode" de Agent, clicando sobre o icone Launch Binary Attachments.

Tema 12.2.4. Chega o grande momento. Escrebindo artigos.

Iniciaremos o noso bautismo electrónico polos grupos aos cales se poden enviar artigos de probas (test). Alguns deles son news:alt.test , news:alt.binaries.test (para fotografias, musica, etc...), news:misc.test

Para elo, seleccionaremos un dos ditos grupos (por exemplo, news:alt.binaries.test ) e clicaremos sobre o icone Post New Usenet Message (enviar novos artigos de Usenet). Deberemos por-lle título (subject), un contido (como pode ser un saudo e engadir-lle ficheiro binario - por exemplo unha foto - clicando sobre o botón Attachment) e, se desexarmos, un ficheiro de texto coa nosa sinatura (Signature, que deberemos ter especificado en Options-Signatures-Add).

Podemos elixir entre envia-lo despois, cando esteamos conectados (send Later) ou envia-lo agora (send Now).

Tamén podemos enviar unha nova mensaxe de correo (post new email message). A diferenza entre unha mensaxe usenet e unha mensaxe de correo, radica principalmente en que a primeira é enviada ao grupo, sendo pública (pode ser lida por todo o mundo que vaia ao grupo, como un taboleiro de anuncios), mentres que o segundo envia-se directamente ao buzón do destinatario, sendo privado . Pode-se enviar, por exemplo, unha nova mensaxe de correo cando vemos nun artigo un enderezo de correo interesante, que non é o do remitente.

As diferentes formas de resposta (Re:) a un artigo son:

a) Resposta ou 'follow-up' (artigo -público- de Usenet).

b) Replica ou reply ( carta - privada - de correo electrónico).

Cada unha das ditas respostas ten o seu proprio botón e para utiliza-lo, primeiro deberemos seleccionar o artigo que desexamos contestar.

Podemos galeguizar as nosas respostas indo a Options-Posting Preferences- General - Introductions e poniendo "O " diante de %date%, "en" diante de %newsgroups% e "escribiu:" diante de /n .

Tema 12.2.5- Envio e purga dos artigos .

Para enviar os artigos escritos (ou, no seu caso, cartas), deberemos conectar-nos a Internet e ir ao menu Online-Post Usenet and Email Messages.

Unha vez enviados, pode-se comprobar se chegaron correitamente, indo ao menu Window-Open Outbox . Se aparece un icone amarelo con una cara sorinte, fixo-se o envio correitamente. Si o icone fora vermello, houbo algun problema (ainda que existe unha situación na que o artigo foi enviado correitamente, mais aparece unha cara vermella: cando o artigo é enviado a un grupo moderado; para solucionar este problema propuxo-se que nese caso apareza un icone coa imaxe dun lameiro, representando a contención que existe nos ditos grupos).

Podemos observar o noso artigo, seleccionando o grupo onde o enviamos, clicando sobre o botón Get New Headers in Selected Groups, seleccionando o cabezallo do noso artigo e clicando Get selected Message Bodies .

Para ver o fio das respostas que o mesmo vaia suscitando, deberemos seleccionar a mensaxe e clicar sobre o botón Watch Thread. E ás avesas, se existe un fio que non nos interesa o máis mínimo, deberemos clicar sobre o boton Ignore Thread.

Cando o número de cabezallos ou corpos dos artigos comeza a ser excesivo, pode-se utilizar a función de purgar, de forma que só fiquen guardados os máis recentes.

En calquer caso, se temos especial interese en gardar un artigo, deberemos selecciona-lo e clicar sobre o botón Keep Message.

[ Contido ]


Subject: 13 - Onde podo achar un artigo que lin hai meses (e non lembro ben en que grupo) ?

Existen repositórios de artigos; o máis coñecido de eles é DejaNews http://www.dejanews.com. Oferece potentes facilidades de busqueda de artigos e pode resultar moi util.

Isto quer dicer que os artigos que escrebemos fican rexistrados nos repositórios como DejaNews; porén, se consideras que o dito rexistro é un atentado contra á tua intimidade, no caso de DejaNews podes evita-lo incluindo "x-no-archive: yes" nos cabezallos dos teus artigos, caso do teu leitor de novas o permita, ou na primeira liña do corpo da mensaxe, en caso contrário.

[ Contido ]


Subject: 14 - Existe algunha páxina Web onde aparezan os grupos de novas extranxeiros?

Contesta Alain Deckers:

"É case imposíbel obter unha relación de todos os grupos extranxeiros existentes por todo o mundo, xa que hai ducias de milleiros e non todas as hierarquias son propagadas fora do sue ámbito xeográfico.

Caso de refires-te aos grupos das 8 principais hierarquias (as chamadas Big8), ou sexa: comp.*, humanities.*, misc.*, news.*, rec.*, sci.*, soc.* e talk.*, o mellor que podes facer é empregar un servizo como DejaNews.

Na páxina referenciada polo seguinte URL acharas unha lista destas hierarquias. Podes explora-las descendo pola arbore.

http://www.dejanews.com/toplevel.html

Hai información similar, ainda que semella non estar moi actualizada, no seguinte URL:

http://sunsite.unc.edu/usenet-i/home.html

[ Contido ]


Subject: 15 - Onde podo achar máis información?
 

XERAL:

MIME

NETIQUETA: MODERACIÓN: 'CROSSPOSTING' E 'SPAM':

NoCeM

[
Contido ]


Subject: 16 - Modificacións
 

Versión 1.7

 Versión 1.6

Versión 1.5 Versión 1.4  Versión 1.3  Versión 1.2